InicioEconomíaEuroparlamentarios úrxenlle a Alcoa a pór en marcha proxectos de carácter renovable...

Europarlamentarios úrxenlle a Alcoa a pór en marcha proxectos de carácter renovable para garantir a viabilidade da central

Desprazáronse ata Alcoa para coñecer o traballo que está a realizar a central para sumarse á transición enerxética

Publicada o

- Advertisement -

A delegación da comisión de industria, investigación e enerxía do Parlamento Europeo, presidida polo eurodeputado socialista alemán Jens Geier, continuou este martes o seu percorrido por compañías enerxéticas galegas.

Os europarlamentarios desprazáronse ata Alcoa para coñecer o traballo que está a realizar a central para sumarse á transición enerxética, segundo informa o grupo da alianza progresista dos socialistas e demócratas no Parlamento Europeo.

“Necesítanse solucións a longo prazo con renovables e a curto, o Goberno de España está a achegalas”, destacou o eurodeputado Nicolás González Casares sobre as accións a executar para ter unha industria máis ecolóxica.

O relator socialista na Revisión da Directiva de Enerxías Renovables e na Comisión de Transporte e Enerxía urxiu a necesidade de que Alcoa comece a pór en marcha os proxectos de carácter renovable acordados para garantir a viabilidade da central e asegurar “unha electricidade barata e fiable”. “Os compromisos a longo prazo son os que de verdade van manter a esta industria”, incidiu. Nesta liña, pediu que a Xunta conceda os permisos para que estas iniciativas sexan unha realidade e “haxa suficiente potencia para alimentar con enerxía verde a Alcoa”.

DESCARBONIZAR A INDUSTRIA

O socialista apuntou o beneficioso que podería resultar para a central sumarse ao PERTE para descarbonizar a industria, que se está levando a cabo cunha contía de 3.000 millóns de euros procedentes dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno español.

Na misión participan os eurodeputados Marion Walsmann (PPE, Alemaña), Henna Virkkunen (PPE, Finlandia), Niels Fuglsang (S&D, Dinamarca), Izaskun Bilbao (RE, España), Susana Solís (RE, España), Pilar del Castillo (PPE, España) e Francisco José Millán Mon (PPE, España).

Ademais de Alcoa, este martes os europarlamentarios achegáronse ata Endesa nas Pontes. A viaxe continuará este mércores por Asturias para visitar a planta de ArcelorMittal.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...