InicioCulturaSan Cibrao acollerá unha mostra da pioneira Aula do Mar da Asociación...

San Cibrao acollerá unha mostra da pioneira Aula do Mar da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental

A exposición, que se poderá ver desde o 18 de novembro e durante un mes, inclúe libretas pintadas á man, lápises decorados, xabóns artesanais ou pezas de cerámica

Publicada o

- Advertisement -

O próximo mércores, día 18 de novembro, a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña inaugurará -10.00 horas- a súa exposición de artesanía da Aula do Mar inclusiva, a primeira destas características na contorna e en Galicia. A mostra poderase ver na casa da cultura de San Cibrao (Cervo), durante un mes, dende o 18 de novembro ata o 18 de decembro.

A Aula do Mar A Mariña é un proxecto de integración social para as persoas con enfermidade mental crónica, na cal se pon en valor o patrimonio costeiro, os recursos patrimoniais e ambientais da zona da Mariña-Ortegal. Este proxecto desenvólvese na unidade residencial de Cervo e ten unha duración de tres anos pero que tamén será desenvolvido nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña dispón nas localidades de Burela e Ribadeo, sendo así un aula itinerante.

“Os participantes gozan de maneira activa nas actividades propostas aproveitando as potencialidades e características da nosa costa Mariña-Ortegal. A Aula do Mar é un espazo de comunicación transversal ante o sector pesqueiro e os demais colectivos en risco de exclusión social”, expoñen desde a asociación, que concreta que se contemplan cinco actividades xerais: terapia-mar, crea-mar, coida-mar, explora-mar e “o camiño e o mar”.

As pezas de artesanía que se poderán contemplar na exposición son aquelas realizadas nos talleres da actividade denominada “Crea-mar” durante este ano 2020. Elaboráronse dende libretas pintadas á man, lápises decorados, xabóns artesanais ou pezas de cerámica, todo con motivos mariñeiros e do mar.

VISIBILIZACIÓN PARA O COLECTIVO

“Toda participación activa da entidade nese tipo de actividades axudan a dar maior visibilización ao colectivo á vez que fixo que aumentase e influíse moi positivamente na autoestima dos nosos usuarios, sentíndose moi orgullosos xa que está a ser unha experiencia moi pracenteira para todos eles”, resalta a asociación.

Este proxecto concedeuse ó abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobada pola Consellería do Mar ó Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) a Mariña – Ortegal no marco da FEMP.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...