IniciosociedadeO BNG de Viveiro afirma que o centro de saúde quedou un...

O BNG de Viveiro afirma que o centro de saúde quedou un mes sen odontoloxía

Os nacionalistas aseguran que desde o 15 de xullo, mentres o odontólogo estivo de vacacións, non houbo consultas ordinarias e só se derivaron urxencias a Burela

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro denunciou que até este luns, no que se reincorporou o odontólogo que estaba de vacacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) deixou “sen atención as consultas ordinarias” o centro de saúde de Viveiro durante “un mes enteiro“.

Os nacionalistas advirten de que desde o 15 de xullo non se cubriu ao profesional vacante e só se derivaron a Burela as urxencias, polo que non houbo consultas ordinarias de odontoloxía no ambulatorio viveirense.

ESIXEN A COBERTURA DAS AUSENCIAS

O grupo municipal do BNG sostén que “na quenda de mañá do centro de saúde, formada por sete efectivos, un médico xubilouse e outra

e o Sergas só os substituíu de xeito aleatorio e esporádico“. Así, esixe ao Sergas a cobertura das ausencias e sinala que “é básico dignificar a Atención Primaria para rescatar a sanidade pública da Mariña Lucense“. O

Neste senso, os nacionalistas lamentaron o sucedido no ambulatorio o pasado martes, cando, segundo denunciou a CIG-Saúde, varias persoas citadas na quenda de tarde quedaron sen atender ao faltar dous médicos de familia do centro sen que o Sergas acadase un substituto.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...