IniciosociedadeAs pernoitas na Mariña aumentaron un 40% en oito anos

As pernoitas na Mariña aumentaron un 40% en oito anos

Os concellos costeiros da bisbarra rexistran a maior presión turística de Galicia, só por detrás dos municipios da Ría de Arousa

Publicada o

- Advertisement -

O número de noites que os viaxeiros pasan nos aloxamentos da Mariña Lucense incrementouse nun 40 por cento nos últimos oito anos. En 2018 rexistráronse 408.741 aloxamentos fronte aos 290.278 de 2011, segundo o informe sobre demanda turística que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

O maior crecemento produciuse entre 2014 e 2015, cando o número de noites contratadas aumentou en 44.600. Nas dúas seguintes anualidades, o crecemento medio rondou as 25.000 mentras que no último ano, entre 2017 e 2018, se reduciu a unhas 3.600.

a bisbarra, co 2,65% da poboación galega, rexistrou o 4% das estancias de viaxeiros en galicia

A bisbarra rexistrou o 4% das estancias dos viaxeiros en Galicia, que superaron os dez millóns -A Mariña supón o 2,65% da poboación galega-.

ESTACIONALIDADE

O estudo tamén revela que a estacionalidade baixou de forma notable nos dous últimos anos. Mentras que en 2016, a metade das pernoitas se rexistraban en xullo e agosto, en 2018 a porcentaxe reducise ao 32,6 por cento.

a comarca seduce cada vez máis fóra de xullo e agosto. o impacto destes meses no total de viaxeiros anual pasou do 50% no 2016 ao 32,6% no 2018

PRESIÓN TURÍSTICA

O estudo, baseado nos datos de ocupación de hoteis, campings, apartamentos e aloxamentos rurais, relaciona o número de noites coa poboación da bisbarra para cuantificar a incidencia do turismo na zona.

Este indicador sinala que os concellos costeiros –Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo– son os que rexistran unha maior presión turística, só por detrás dos da Ría de Arousa.

A costa lucense soporta unha presión media de 1,78 viaxeiros por cada 100 residentes

A poboación destes municipios soporta unha presión media de 1,78 viaxeiros por cada 100 residentes, moi por riba da media de Galicia que se sitúa en 1,12.

PROCEDENCIAS

O informe do IGE tamén estuda a orixe dos viaxeiros que se aloxaron nos establecementos turísticos. O 67 por cento dos turistas que pernoitaron na Mariña procedían de fóra de Galicia. Unha porcentaxe que só superan outros tres destinos galegos, Terras de Santiago, Baixo Miño e Costa da Morte.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...