InicioPolíticaO BNG de Xove atribúe a “afíns do PP” o bloqueo da...

O BNG de Xove atribúe a “afíns do PP” o bloqueo da súa conta de Facebook

Os nacionalistas de Burela, Cervo ou Barreiros quedaron tamén sen acceso ás páxinas por "denuncias falsas" que entenden como "un ataque deliberado" a uns días das municipais

Publicada o

- Advertisement -

Varias formacións locais do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña Lucense -as de Xove, Cervo, Burela ou Barreiros– denunciaron este mércores o bloqueo das súas contas en Facebook, o que entenden como “un ataque premeditado” contra o partido frontista en plena campaña das eleccións municipais. Os nacionalistas xovenses atribúen a “afíns” do Partido Popular (PP) “denuncias falsas” que motivaron a suspensión da súa páxina.

O BNG de Xove lamenta as “prácticas antidemocráticas” que se “suceden”, afirma, por parte dos “populares xovenses”. Os nacionalistas aseguran que nas pasadas eleccións xerais os carteis da formación frontista apareceron rotos en dúas ocasións, e sosteñen que a súa páxina de Facebook foi cancelada por “contido inadecuado, como se estiveramos a publicar pornografía” logo de “denuncias falsas presentadas por persoas afíns ao PP”.

Os frontistas censuran tamén que o PP local “estea a repartir polos domicilios do municipio” un abridor de cervexa coa frase “Que non te bloqueen”, o que consideran unha “clara referencia ao seu rival político”. Así, cren que se trata dun “comportamento maleducado que desprestixia a institución que representa a toda a veciñanza”.

TRÁMITES PARA RECUPERAR O ACCESO

O BNG de Cervo anunciou tamén este martes o bloqueo da súa conta. “Os avisos que Facebook recibiu por parte de particulares polo noso suposto uso fraudulento da rede forman parte dun ataque deliberado para silenciarnos e facernos dano”, explicou o candidato nacionalista, Diego Fernández.

Fernández subliñou que o Bloque cervense “sempre respecta as normas que marca” a rede social e avanzou que xa se iniciaron trámites para recuperar a conta aínda que, matiza, “no caso de que Facebook acepte as alegacións do BNG de Cervo, tardaríanse 15 horas en recuperar o acceso á páxina”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...