InicioOccidentalO Concello reabre as piscinas de Río Covo

O Concello reabre as piscinas de Río Covo

O municipio contará con sete socorristas, dous máis ca en 2017, o que permite a reapertura

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo reabrirá no verán as piscinas -unha delas infantil- da urbanización de Río Covo despois dun ano sen servizo. Estas semanas estanse a realizar traballos de acondicionamento das instalacións, que os usuarios poderán utilizar nos meses de xullo e agosto.

A razón da reapertura é o maior número de socorristas cos que contará o municipio durante o estío. “O ano pasado só puidemos contar con cinco profesionais para velar pola seguridade dos bañistas, e a nosa previsión é que para este 2018 teñamos sete”, indica o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares.

PISTAS DE SQUASH E TENIS

O rexedor cervense sinalou que “a veciñanza poderá facer uso tanto das piscinas como das pistas de squash, de fútbol sala e de tenis que forman o complexo”, sinala.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...