IniciosociedadeO Carnaval Coletudo inaugura os festexos do Entroido en San Cibrao

O Carnaval Coletudo inaugura os festexos do Entroido en San Cibrao

No desfile do martes 5 de marzo repartiranse 2.000 euros en premios entre os mellores disfraces

Publicada o

- Advertisement -

O desfile de Entroido en San Cibrao será o martes 5 de marzo. A comitiva partirá ás 18.00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos e pasará pola Avenida da Mariña, a Ría e o Pedregal, para rematar no punto inicial.

A Charanga Os Macanudos amenizará a festa desde as 17.30 horas e, ao remate do desfile, a Asociación A Rebolaxe venderá bolos preñados. A música continuará co Grupo Eclipse.

O concello repartirá máis de 2.000 euros en premios entre os mellores disfraces individuais, en parellas, grupos ou comparsas. Os agasallos entregaranse na Praza dos Campos ás 21.30 horas.

INSCRICIÓN

As persoas interesadas en participar no concurso poderán anotarse na Casa da Cultura de San Cibrao ata o mesmo día pero, se o fan daquí ao venres 1 de marzo -incluído-, recibirán vales de consumición para os establecementos hostaleiros locais.

FONDOS PARA A PROTECTORA

Como aperitivo ao dia grande, o venres 1 de marzo a Asociación Protectora de Animais Coletiñas celebrará o Carnaval Coletudo na Casa do Mar, co obxectivo de recadar fondos para o colectivo.

Á tarde, a partir das 17.00 horas, haberá unha festa infantil con talleres de pintacaras, globoflexia, xogos musicais e merenda con doces de Entroido e chocolate.

Ás 23.00 horas comezará a festa de adultos, na que se entregarán premios aos disfraces máis orixinais.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...