InicioSucesosPetición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto...

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A defensa asegura que home, que permanece en prisión provisional por estes feitos, ten esquizofrenia paranoide, algo que descarta a psiquiatra que o atendeu

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado de tentar matar o seu padrasto a marteladas nunha vivenda de Ribadeo en decembro de 2024.

O procesado, que permanece en prisión provisional desde o 20 de decembro dese ano, alegou no seu defensa unha eximente incompleta de alleamento por esquizofrenia paranoide.

Os feitos que se relataron no proceso ocorreron sobre as 20.30 horas do 9 de decembro de 2024, cando o acusado se atopaba no domicilio da súa nai, en Ribadeo, xunto a esta, a súa parella e dúas fillas menores da vítima e un primo.

O Ministerio Público sostén que o procesado colocouse detrás do sofá no que estaba sentado o seu padrasto co pretexto de ir fumar. Desde esa posición, e de forma “sorpresiva, repentina e por detrás”, collería un martelo tipo uña con mango de madeira que previamente escondera no salón e propinoulle un forte golpe na cabeza.

A Fiscalía mantén que actuou con ánimo de causar a morte da vítima ou aceptando que esta puidese producirse. Cando a nai do acusado comezou a gritar e tentou detelo, leste propinaría unha segunda martelada na cabeza ao seu padrasto, que caeu inconsciente ao chan.

A continuación, sempre segundo a acusación, o procesado golpeou tamén á súa nai co martelo no antebrazo, o brazo e o peito, ata que interveu outro familiar alertado polos berros e conseguiu impedir que continuase a agresión.

O padrasto sufriu un traumatismo cranioencefálico con fracturas nos ósos frontal e parietal, un hematoma epidural e diferentes hemorraxias e contusións cerebrais. Tivo que ser intervido cirurxicamente mediante unha craneotomía para retirar fragmentos óseos, drenar o hematoma e colocar unha malla de titanio.

As lesións requiriron un total de 147 días para a súa estabilización, segundo recolle o escrito fiscal, e deixáronlle secuelas, entre elas perda de sustancia ósea e lesións na cabeza.

O informe médico aclara que as estas, pola súa localización, extensión e a forza empregada, poderían causar a morte da vítima de non recibir asistencia médica inmediata e de non intervir a súa nai e o outro familiar.

A nai do acusado tamén sufriu diversas lesións físicas e un trastorno de tensión postraumática grave como consecuencia dos feitos. No entanto, segundo o escrito de acusación, non reclama indemnización.

A Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de asasinato en grao de tentativa e outro delito de lesións con uso de instrumento perigoso. Polo primeiro solicita 14 anos de prisión e polo segundo catro anos, o que eleva a petición total a 18 anos de cárcere.

Ademais, solicita que se prohiba ao acusado achegarse ao seu padrasto a menos de 500 metros ou comunicarse con el durante un período superior en cinco anos á pena de prisión que finalmente se impoña. Respecto da súa nai, pide unha prohibición de aproximación de 1.000 metros e de comunicación polo mesmo período adicional.

En concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía solicita que o acusado indemnice ao seu padrasto con 53.546 euros polas lesións, secuelas e danos morais ocasionados, ademais doutros 857,57 euros ao Sergas polos gastos derivados da asistencia sanitaria.

Durante o procedemento, o acusado xa abonaría 10.000 euros a conta da responsabilidade civil, cantidade que deberá terse en conta na resolución definitiva.

Pola súa banda, a acusación particular reclama cinco anos máis que a Fiscalía polas lesións causadas á súa nai, agravado pola condición de ser un familiar próximo. Eleva a petición de indemnización a 133.000 euros.

Pola súa banda, a defensa pide unha eximente parcial asegurando que o home estaba nese momento enajenado debido a que padece unha esquizofrenia paranoide e pide unha rebaixa substancial da pena.

Con todo, a psiquiatra que o atendeu tras o suceso declarou nesta mesma sesión que non cre que padeza esa enfermidade, orientándose máis ben a que podía tratarse dun episodio psicótico, aínda que apostou pola simulación da enfermidade.

Pola súa banda, a vítima principal declarou que tiña unha boa relación co seu fillastro e que nunca tivera problemas ata ese momento.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...