InicioOccidentalO VicedoAtaque á sede do PSOE no Vicedo con pintadas e os socialistas...

Ataque á sede do PSOE no Vicedo con pintadas e os socialistas alertan contra a “escalada de odio”

Nun comunicado, o partido lamentou que esta mensaxe "só busca sementar odio, intimidar e sinalar a quen pensa diferente", e advertiu de que se trata "dun novo episodio nunha escalada de odio e vilencia política que resulta absolutamente intolerable".

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG da provincia de Lugo presentou denuncia por un ataque vandálico na súa sede do Vicedo, que este mércores apareceu con pintadas coas mensaxes “putas” e “mouros”, e condenou este “ataque á liberdade e á propia democracia”.

Nun comunicado, o partido lamentou que esta mensaxe “só busca sementar odio, intimidar e sinalar a quen pensa diferente”, e advertiu de que se trata “dun novo episodio nunha escalada de odio e vilencia política que resulta absolutamente intolerable”.

Segundo apuntaron, este é xa o terceiro ataque contra unha sede do PSdeG en Galicia neste mes de agosto, tras as pintadas na Casa do Pobo de Ferrol e o lanzamento dunha botella contra a fachada na sede socialista de Foz, onde se rexistraron danos nun dos cristais.

“Son ataques reiterados contra sedes dun partido democrático e non podemos normalizalos. A discrepancia política ten que expresarse coa palabra e dentro das regras da democracia. O insulto, o racismo, as ameazas ou os ataques contra sedes políticas non teñen cabida”, subliñaron desde a dirección provincial socialista.

Ademais, advertiron de que estes episodios “son o eco dun clima político no que determinados discursos da dereita e a extrema dereita levan demasiado tempo normalizando o insulto, a descualificación e a demonización do adversario”.

De feito, lembraron que en setembro de 2025 a sede provincial do PSdeG sufriu dous ataques en apenas once días, con pintadas ofensivas, insultos e mensaxes vinculadas á extrema dereita.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...