InicioPolíticaO BNG esixe a urxente de modernización do FEVE tras a última...

O BNG esixe a urxente de modernización do FEVE tras a última avaría do 29 de xuño

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, lembra que o pasado 21 de abril produciuse outra incidencia grave que paralizou o tráfico ferroviario da liña entre Ferrol e Ortigueira debido a un incendio na cabina do tren.

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas no Congreso a través das que pregunta as causas da avaría rexistrada o pasado 29 de xuño no Feve entre Ferrol e Ribadeo, e o balance de incidencias na liña de ancho métrico.

En concreto, no texto, Rego sinala que o pasado luns 29 de xuño produciuse unha nova avaría nun dos trens da liña de ancho métrico que cobren o traxecto Ferrol-Ribadeo, algo que sinala que é “frecuente” e que a súa formación denuncia desde hai anos polo “importante déficit en investimentos” para a súa modernización.

Neste sentido, Rego lembra que o pasado 21 de abril produciuse outra incidencia grave que paralizou o tráfico ferroviario da liña entre Ferrol e Ortigueira debido a un incendio na cabina do tren.

Todo iso antes de sinalar que, a falta de novos datos, ata marzo deste ano contabilizáronse máis de 100 cancelacións dos servizos ferroviarios na conexión Ferrol-Ribadeo, na súa maioría debidas a problemas nun parque móbil envellecido, que “padece avarías de forma continuada e cuxas reparacións tardan meses”.

Na súa iniciativa, Rego censura que a pesar de que a liña ten máis de 100 anos de historia e máis de cinco décadas de funcionamento entre Ferrol e Asturias, nunca se acometeron accións de fondo para a súa modernización. “Sempre foi unhas infraestruturas esquecida por parte dos distintos gobernos do Estado, acumulando un déficit histórico en materia de investimentos”, sostén.

Así as cousas, urxe a renovación do material rodante, o reforzo de noiros, o tratamento de trincheiras e a reparación de desmontes e que o Goberno explique se destinará as partidas orzamentarias necesarias para a modernización da liña.

 

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...