InicioEconomíaA Xunta licita por 700.000 euros as obras para reducir o ruído...

A Xunta licita por 700.000 euros as obras para reducir o ruído na LU-862 ao seu paso por Viveiro

O Goberno galego inicia o proceso para a variante da localidade e autoriza cambios de titularidade de viaxes en Lobios e Maside.

Publicada o

- Advertisement -

O Consello da Xunta acordou este luns autorizar a licitación das obras de protección contra a contaminación acústica na LU-862, no seu treito urbano polo concello de Viveiro. O Goberno galego destinará un investimento de preto de 700.000 euros a este contrato, que ten como obxectivo mellorar as características de dous tramos da vía que suman 1,5 quilómetros de lonxitude. A actuación busca minorar o ruído ambiental provocado polo tráfico nunha zona que soporta unha intensidade media de máis de 13.300 vehículos diarios, cun prazo de execución previsto de doce meses.

De xeito paralelo, a Xunta deu conta da próxima exposición pública do estudo informativo e de impacto ambiental da variante de Viveiro. Esta infraestrutura preténdese que mellore as comunicacións no principal núcleo da Mariña lucense, estimando que o 60 % do tráfico actual se desprace cara á futura variante. Cómpre lembrar que en Viveiro o Partido Popular acadou a Alcaldía tras unha moción de censura o pasado mes de febreiro de 2025.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...