InicioOccidentalO VicedoUn incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

As primeiras hipóteses apuntan a que a orixe do incendio foi un radiador.

Publicada o

- Advertisement -

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na mañá deste martes, un lume que deixa danos materiais, sen ningunha persoa afectada.

Segundo explican fontes de Protección Civil do Vicedo, preto das 8,00 horas unha coidadora que chegaba para abrir viu que saía fume do recinto e deu a alerta.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil que se encargaron de apagar o lume e procederon á ventilación. As primeiras hipóteses apuntan a que a orixe do incendio foi un radiador.

Este centro presta atención a nenos de entre tres meses e tres anos para facilitar a conciliación. Agora recolocarase aos menores usuarios noutro lugar ao quedar inutilizado o local polo lume.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...