InicioOccidentalViveiroAno e medio de cadea para un veciño de Viveiro por agresión...

Ano e medio de cadea para un veciño de Viveiro por agresión sexual a unha moza de 14 anos

O home non irá a prisión, xa que se lle suspendeu a pena coa condición de que non delinca no próximos tres anos.

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de Viveiro aceptou este martes, na Audiencia Provincial, unha condena dun ano e seis meses de cárcere por un delito de agresión sexual a unha moza de 14 anos á que coñecía, nun acto de conformidade co Ministerio Fiscal e a acusación particular.

Tamén deberá acatar unha orde de afastamento de dous anos e indemnizar á vítima con 4.000 euros, cantidade que xa lle foi abonada. A sentenza, que é firme, imponlle tamén tres anos e medio de prohibición de exercer unha profesión vinculada con menores.

O home non irá a prisión, xa que se lle suspendeu a pena coa condición de que non delinca no próximos tres anos.

Os feitos que recoñeceu o acusado tiveron lugar no ano 2023, cando o home interceptou á nova, á que coñecía, de camiño ao instituto e animouna a subir ao seu coche, ofrecéndose a levala. Antes de chegar, fixo unha parada convidándolle a compartir os seus problemas e tamén a acariñou ata conseguir bicala na boca con enganos.

A pesar de que a novo lle anunciou que non quería nada con el e marchouse ao instituto, el seguiu insistindo a través de varias mensaxes telefónicas, convidándoa, entre outras cousas, a tomar chocolate, pero ela non quixo quedar con el.

Nun principio, a Fiscalía pedíalle dous anos e medio de cárcere, dous anos de afastamento e 4 de liberdade vixiada, aínda que a acusación particular mantiña o tempo de pena en prisión, pero solicitaba o afastamento por un período de 5 anos, o mesmo tempo que de liberdade vixiada e 5.000 euros de indemnización por danos morais.

Pola súa banda, a defensa alegaba que o home no momento dos feitos estaba baixo os efectos de bebidas alcohólicas, polo que pedía a súa libre absolución.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...