InicioEconomíaRueda presenta a variante de Viveiro: un investimento de 38 millóns para...

Rueda presenta a variante de Viveiro: un investimento de 38 millóns para liberar o tráfico en 2028

O presidente da Xunta anuncia que a nova vía de 6,2 quilómetros sacará do centro o 60% dos vehículos, especialmente o transporte pesado cara ao porto.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou o proxecto da variante de Viveiro (Lugo), cuxas obras prevé que comecen en 2028. Terá un investimento de case 38 millóns de euros para unha vía de 6,2 quilómetros. En declaracións aos medios en Viveiro, Rueda explica que espera que en “algo máis de dous anos as obras xa se poidan empezar a ver”, en relación cunha actuación pola que leva “moitísimo tempo esperando“.

Destaca que esta será unha “obra importante” que “impacta nunha zona moi poboada, con moito tráfico”, polo que “se lle deron moitas voltas” ás alternativas e confía en que se acertou con esta intervención. Así o expuxo acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. “En poucos sitios de Galicia é tan necesario unha variante como a de Viveiro“, afirmou. De feito, cuestionado pola prensa, Rueda dixo que entrar a Viveiro esta mañá de martes levoulle “en proporción máis tempo” que a propia viaxe desde Santiago.

O Goberno galego prevé licitar no primeiro trimestre de 2026 o proxecto de construción do variante leste, que conectará co corredor Celeiro-San Cibrao e o porto, e iniciar a construción nesta lexislatura. Viveiro é o principal núcleo da Mariña lucense e o terceiro máis poboado da provincia, ao redor de 15.200 habitantes. A nova variante está deseñada para articular o tráfico dun municipio que soporta máis de 13.000 vehículos ao día. O obxectivo principal é liberar o núcleo urbano, de modo que preto dun 60% do tráfico —especialmente camións— utilice esta vía, xa que absorbería todos os desprazamentos de longo percorrido, a circulación cara ao porto de Celeiro e parte do tránsito local.

O proxecto integral consta de máis de 10 quilómetros divididos en dúas fases: o variante oeste (cara ao Vicedo) e o variante leste. Esta última, que centra a actuación inmediata presentada este martes, contará cun investimento de 37,6 millóns de euros para un trazado de 6,2 quilómetros. O variante leste discorrerá desde a glorieta de conexión na LU-540 ata o inicio do corredor Celeiro-San Cibrao. Na súa configuración técnica destacan dúas grandes estruturas: un viaduto de 503 metros en Celeiro e un viaduto de 130 metros en Rego Fontecoba. Por outra banda, o Goberno galego inviste tamén 8,2 millóns de euros na transformación do tramo Viveiro-Ourol (LU-540), unhas obras que finalizarán en 2026.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...