InicioOccidentalViveiroUnha muller falece logo dun incendio nunha vivenda en Viveiro

Unha muller falece logo dun incendio nunha vivenda en Viveiro

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Viveiro que confirmaron que o lume comezou nunha vivenda dunha soa habitación

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller, de 68 anos, faleceu tras declararse un incendio nunha vivenda situada na Avenida Benito Galcerán en Viveiro.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 12.50 horas deste venres e foi un particular o que alertou da presenza de fume nunhas galerías comerciais da zona, pero detallou que, segundo os veciños, podería haber persoas residindo na entreplanta do edificio.

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Viveiro que confirmaron que o lume comezou nunha vivenda dunha soa habitación. No interior, localizaron a unha persoa que faleceu a pesar dos esforzos dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

No operativo tamén participaron a Policía Nacional e local e Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...