InicioOccidentalRemolcado ata o porto de Celeiro un pesqueiro á deriva con tripulantes

Remolcado ata o porto de Celeiro un pesqueiro á deriva con tripulantes

Por radio informaba de problemas no motor principal.

Publicada o

- Advertisement -

O pesqueiro Novo Luz Alba, con base en Santander, que se atopaba á deriva a 16 millas de Estaca de Bares, foi remolcado ata o porto de Celeiro, en Viveiro este xoves.

Sobre as 13.00 horas, Salvamento Marítimo da Coruña escoitou por radio que o pesqueiro informaba de problemas no motor principal e solicitaba remolque para regresar, así como que seis tripulantes se atopaban a bordo.

A operación de traslado foi derivada ao equipo de Finisterre, que mobilizou o salvamar Alioth. Ás 16.40 horas comezou o remolque ata Celeiro, que, a pesar do temporal, deixou aos tripulantes e ao pesqueiro na seguridade do porto sen problema, tal como informan fontes de Salvamento Marítimo.

ÚLTIMAS

Morre tras chocar contra un poste e outro coche en Viveiro

Unha persoa faleceu na noite deste pasado xoves na localidade lucense de Viveiro tras chocar...

Obras de mellora e construción dunha nova canalización de augas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo mellora a rúa Manuela Barreiro e constrúe unha nova canalización...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras o vindeiro 18 de maio

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro...

35 aniversario de ACISA Ribadeo, sempre medrando xuntos

José Pérez, xerente de ACISA Ribadeo Acisa Ribadeo cumpre 35 anos traballando co mesmo obxectivo,...