Dado o elevado número de demandas ao longo dos anos anteriores, o Concello de Viveiro decidiu abrir hoxe o prazo para solicitar mesa e cadeiras no Mercado Renacentista, que será os días 5, 6, 7 e 8 de xullo. O último día para presentar as peticións é o 15 de xuño.
Ademais, a concellería de cultura, muller e xuventude estableceu unha serie de normas para o préstamo e facilitar aos veciños a instalación de postos.
a festa será os días 5, 6, 7 e 8 de xullo
En primeiro lugar, o número de mesas e cadeiras que se concede a cada solicitante determinarase en función do número total das solicitudes. Os usuarios deben recoller e devolver o material no lugar, data e hora que lles será comunicado con antelación.
POSTOS
As persoas empadroadas no Concello de Viveiro que queiran instalar un posto de venda na feira deberán presentar unha solicitude no rexistro municipal antes do día 15 de xuño (incluído). Na súa petición deben facer constar os produtos que se ofrecerán e incluír unha declaración xurada conforme dispoñen de todos os permisos necesarios para a actividade. A instalación destas tendas será de balde.