InicioMovementos SociaisO guerrilleiro Quico e a neta do Gardarríos falarán da resistencia antifranquista...

O guerrilleiro Quico e a neta do Gardarríos falarán da resistencia antifranquista na Mariña

A asociación cultural Pomba do Arco organiza o martes en Foz unha mesa redonda na que tamén participará a investigadora francesa Odette Martínez

Publicada o

- Advertisement -

A Pomba do Arco organiza o vindeiro martes en Foz unha mesa redonda sobre a historia da resistencia antifranquista na Mariña. O coloquio reunirá partiparán o guerrilleiro berciano Francisco Martínez “Quico”, o único membro vivo da Federación de Guerrillas de Galiza e León, e Fernanda Cedrón, neta de Luís Trigo Chao ” O Gardarríos”, asasinado en 1948 en Lourenzá. Na palestra tamén intervirá Odette Martínez, directora do centro da memoria da Universidade de Montpellier.

O guerrilleiro, que con 93 anos viaxará ata Foz desde Alacante, onde reside, compartiu a loita con algúns dos nomes máis coñecidos da resistencia clandestina ao franquismo como Manuel Girón, chegando a actuar como comisario político da II agrupación de guerrillas que operaba na área de Ourense, dos Ancares e do Bierzo. 

A intervención de Fernanda Cedrón xirará en torno as lembranzas mantidas na memoria familiar da loita levada a cabo por seu avó e da conformación da guerrilla na zona con importantes puntos de apoio en Viveiro, Ourol, Muras pero tamén Mondoñedo, Lourenzá, O Valadouro e Foz.

A asociación cultural presentou a palestra como nunha “oportunidade se cadra única para coñecer de primeira man a historia da guerrilla antifranquista” e excepcionalidade de reunir na mesma mesa aos tres participantes, residentes -no caso de Fernanda Cedrón, parte do ano- fóra de Galicia. A mesa redonda comezará ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...