InicioMovementos SociaisA plataforma sanitaria critica ao Sergas pola falta de pediatra en Barreiros

A plataforma sanitaria critica ao Sergas pola falta de pediatra en Barreiros

O colectivo asegura que a situación de atrasos nas consultas pola baixa da profesional "non é puntual nin extraordinaria"

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña criticou a falta de pediatra en Barreiros. O colectivo referiuse ao caso dunha veciña que presentou unha reclamación ao non contar o centro de saúde coa especialista por mor dunha baixa, e que terá a vindeira cita no mes de decembro.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegurou ao respecto “que non se puido prever” a baixa da profesional e que, malia que “non hai pediatras e temos dificultades para atopar substitutos, a atención de urxencia está garantida”. Neste senso, resaltou que no caso da reclamación “tratábase dunha revisión a un neno sano, non urxente”.

A plataforma sanitaria asegura que os retrasos na atención pediátrica “non son unha situación puntual nin extraordinaria, senón que se producen bastante a miúdo”. Ademais, resalta que “este tipo de revisións prográmanse con correspondencia a unha idade biolóxica”.

“TRES MESES SON DEMASIADOS”

Así, o colectivo considera que tres meses “son demasiado tempo de demora, pois a velocidade á que un neno medra é moi alta”, e insta ao Sergas a que contrate pediatras e solucione “o que pode ser un escándalo de dimensións colosais”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...