InicioMovementos SociaisA sensibilización da infancia, no foco das xornadas sobre violencia de...

A sensibilización da infancia, no foco das xornadas sobre violencia de xénero de Ribadeo

As actividades dirixidas a nenas e nenos son unha das novidades do programa que se desenvolverá os 21 e 22 de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

As Xornadas de Abordaxe Integral de Violencia de Xénero no Ámbito Local de Ribadeo incluirán nesta edición actividades dirixidas á sensibilización da infancia.  O programa para os máis pequenos desenvolverase nunha carpa instalada a carón do Cine Teatro, onde terán lugar as sesións teóricas e prácticas dos días 21 e 22 de setembro.

As actividades serán gratuÍtas e facilitarán aos pais e nais a asistencia aos relatorios

Os obradoiros educativos e lúdicos xirarán en torno á “visibilización do mundo feminino”, con diferentes propostas para poñer en valor á acción das mulleres en diferentes ámbitos “tanto no noso concello como na nosa historia e na nosa vida en particular”, como sinalou a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, na presentación das xornadas. A edil destacou a importancia de “sensibilizar neste ámbito aos cidadáns que no futuro serán adultos, terán as súas relacións e serán tamén educadores e educadoras”.

FORMACIÓN PERMANENTE

As xornadas abordarán as violencias machistas desde diferentes disciplinas,  desde a xudicial ata a educativa, introducíndose en temas de actualidade como a necesidade de introducir a perspectiva de xénero na xustiza  e noutros novidosos con respecto a pasadas edicións como o das diversidades afectivo-sexuais e a identidade de xénero. Programa Xornadas Violencia Ribadeo 2018

o programa arrancará cunha mesa redonda sobre a experiencia de supervivintes da violencia de xénero

A directora do Centro de Información á Muller, Luisa Couceiro, explicou que “despois de dez anos, seguimos pensando que o proceso de formación e aprendizaxe ten que ser permanente. Couceiro advertiu dunha “normalización tanto dos feminicidios como da connivencia con actitudes e comportamentos machistas que veñen ser o xermolo das desigualdades das mulleres”.

INSCRICIÓN

O prazo para inscribirse nas xornadas estará aberto ata o 19 de setembro. Mariluz Álvarez Lastra animou á cidadanía a participar nas sesións que se desenvolverán no Teatro. “Agora que se poñen puntos lila en actividades e festivais, cremos que esta pode ser unha boa oportunidade para que as persoas que actúan como voluntarias veñan formarse. O voluntariado é moi importante, pero as administracións temos que facilitar os recursos para  que, quen teña esa vontade de colaborar, poida recibir a cualificación necesaria para afrontar estas situacións”,  afirmou a edil.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...