InicioMovementos SociaisO feminismo mariñao respondeu na rúa ao crime machista de Bergantiños

O feminismo mariñao respondeu na rúa ao crime machista de Bergantiños

Mondoñedo, Burela e Viveiro acolleron concentracións en protesta polo asasinato dunha muller pola súa parella

Publicada o

- Advertisement -

O feminismo mariñao manifestouse este martes en contra da violencia machista. Mondoñedo, Burela e Viveiro acolleron concentracións en protesta polo asasinato dunha muller polo seu marido en Cabana de Bergantiños.

Concentración en Burela. OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE

En Viveiro, a convocatoria contou coa corporación municipal ao completo, que pospuxo o pleno extraordinario celebrado este martes para acudir á convocatoria. En Burela, o Observatorio da Mariña Pola Igualdade levou á Praza da Mariña a súa batucada feminista.

Concentración en Mondoñedo. AXM

A Praza do Concello de Mondoñedo acolleu a terceira xuntanza na Mariña Lucense, que se uniu a máis dunha vintena de concentracións en toda Galicia.

 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...