InicioMovementos SociaisA plataforma sanitaria cuestiona os datos de espera do Sergas

A plataforma sanitaria cuestiona os datos de espera do Sergas

O colectivo contrasta os datos coas denuncias que reciben por parte dos usuarios do Hospital da Costa e denuncia a opacidade no manexo das listas

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña cuestiona a veracidade dos datos de espera que deu a coñecer este venres o Servizo Galego de Saúde (SERGAS). O colectivo denuncia que, no relativo á comarca, as cifras “están lonxe das reais” e que “obedecen a un intento de tapar a xestión que se está a facer por parte da Xerencia do Hospital da Costa con recortes de persoal e peches de camas enmascarados”.

No balance relativo ao primeiro semestre do ano, o Sergas mantén que, no centro hospitalario de Burela, a agarda media é de 34 días para unha primeira cita con especialistas, de 36 días para probas diagnósticas e de 41 días para intervencións cirúrxicas. Porén, desde a coordinadora da plataforma, Montse Porteiro, mantén que as cifras que ofrece a administración non cadran “coas denuncias que nos chegan a diario de persoas que padecen tempos de agarda indecentes”.

DENUNCIAS ANTE A PLATAFORMA

“Se queren dar datos veraces” –indican desde o colectivo – “que pregunten antes a quen chamaron para facer unha proba de esforzo tras dous anos agardando desesperado , previa reclamación a través da Plataforma, e denuncia no xulgado. Ou a pacientes que tras facer unha proba cardiolóxica levan un ano ou dous sen seren chamados para coñecer os resultados e saber se  teñen que seguir tomando o tratamento que lles puxeron que siguen atomar sen ningún control do especialista”. A Plataforma incide tamén nas demoras na atención a “centos de persoas que levan esperando un ano ou máis para facer rehabilitación en clínicas privadas”.

O colectivo en defensa da sanidade pública subliña tamén a “opacidade” coa que o centro hospitalario manexa as listas de espera que –segundo explican-  non “coñece ningunha persoa allea á dirección”, máis aló dos datos publicados nos informes emitidos pola Xerencia.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...