InicioMovementos SociaisSegue a loita das enfermeiras eventuais da Mariña contra a precariedade laboral

Segue a loita das enfermeiras eventuais da Mariña contra a precariedade laboral

As temporeiras concentráronse de novo este xoves diante do centro de saúde de Viveiro ou na fachada do Hospital Público da Mariña

Publicada o

As reivindicacións do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita volveronse oír este 12 de setembro tamén na Mariña Lucense, no centro de saúde de Viveiro ou no Hospital Público da Mariña. As temporeiras seguen a súa axenda de concentracións para esixir ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que poña fin á precaridade laboral, que ten consecuencias a nivel profesional e persoal para as traballadoras e tamén a nivel de saúde para os pacientes, resaltan.

CONTRA O CONTRATO DE CONTINUIDADE

As obreiras eventuais rexeitan o modelo de contrato de continuidade ofrecido pola Xunta de Galicia, pois dubidan de que vaian mellorar as súas condicións laborais, dado que esixen ás temporeiras “unha escravitude de longa duración“.
Protesta no centro de saúde de Viveiro. CEDIDA

“ESCRAVITUDE DE LONGA DURACIÓN”

“Os nomeamentos de continuidade non cubrirán as funcións dunha praza determinada nun
centro sanitario, nin substituirán as funcións dun concreto titular, senón que atenderán as
necesidades de reforzo e acumulación de tarefas que se vaian producindo no ámbito determinado no nomeamento, constituído por varios centros dun mesmo distrito”, expuxeron as Enfermeiras Eventuais en Loita a través dun manifesto.

“DISPOÑIBLES 24 HORAS, 365 DÍAS”

Así, o contrato “non estipula o tempo de antelación” co que o Sergas deberá requerir os seus servizos e o persoal “estará obrigado a atender a cobertura das necesidades que se xeren” no ámbito do nomeamento, tendo que estar deste xeito “dispoñible as 24 horas, os 365 días do ano”.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...