InicioMovementos SociaisSeis médicos do hospital piden o traslado e ningún solicita praza en...

Seis médicos do hospital piden o traslado e ningún solicita praza en Burela

A plataforma pola sanidade convoca o mércores unha protesta contra "a corrupción sanitaria do PP"

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña lamenta que seis médicos -un anestesista, un cirurxán, un traumatólogo, un internista, un pediatra e un urólogo– pediron marchar do Hospital da Costa no concurso de traslados sen que ningún galeno solicitase vir.

Para o colectivo, esta situación é unha mostra do “deterioro da sanidade pública na Mariña” trala aprobación da reforma da Lei de Saúde, que converteu a bisbarra nun distrito sanitario de Lugo. A coordinadora da plataforma, Montse Porteiro, pregúntase “como se van cubrir estas prazas” e asegura que “non se ofrecen contratos atractivos e os profesionais perciben unha inseguridade que non é compatible coa súa realización profesional”.

o colectivo pola sanidade fala de “inseguridade profesional” e pregunta como se van cubrir esas prazas

CONCENTRACIÓN

A fuga de médicos é unha das razóns que esgrime a agrupación para adherirse á convocatoria de concentracións en varias comarcas galegas realizada polo colectivo SOS Sanidade Pública, co obxectivo de protestar contra “a corrupción sanitaria do PP”. A protesta na bisbarra será o mércores, no hospital a partir das 20.00 horas.

A plataforma advirte de que a sanidade pública na comarca “deteriórase ao tempo que se incrementa a actividade nos centros privados, onde se están a desviar fondos públicos. É palpable”, asegura o colectivo, “a centralización dos servizos sanitarios”. Segundo a agrupación, “desacredítase e debilítase o sector público para facilitar a penetración do sector privado en detrimento da saúde da poboación e das arcas públicas que pagamos cos nosos impostos”. 

DERIVACIÓNS

O colectivo resalta que se están a perder servizos desde a integración da Mariña na área sanitaria de Lugo, que supón constantes derivacións á capital de provincia “por intervencións que antes se facían en Burela, como operacións de varices. Mesmo hai que ir á Coruña operarse de fimose. Non pedimos nada espectacular, senón unha simple consulta de cirurxía vascular no Hospital da Costa”, afirma Porteiro.

FANSE en LUGO OPERACIÓNS de VARICES OU SEGUIMENTOS DE EMBARAZOS CON RISCO DE PARTOS PREMATUROS

Tamén se trasladan ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), indica, “os embarazos con risco de partos prematuros, desde as primeiras etapas”, ou as “intervencións de traumatoloxía de xeonllos e nocellos”, asegura. O que non se sostén, argumenta, “no caso dunha comarca que ten un déficit de comunicacións e na que o tempo en chegar ao seguinte centro de asistencia pode ser de hora e media”.

ATENCIÓN PRIMARIA, “SIN PERSOAL NIN MANTEMENTO”

A agrupación sinala que “a atención primaria está a ser desmantelada. No caso da pediatría infantil é especialmente escandaloso. En Foz hai unha pediatra con redución de xornada que debe atender aos cativos de Alfoz e O Valadouro, que suman 300 nenos máis dos que xa ten, cunha presión asistencial insostible”, explica Porteiro.

A coordinadora da plataforma engade que “non se está a facer mantemento. No soto do centro de saúde de Burela, relativamente novo, hai humidade”, expón.

PECHE DE CAMAS

Tamén o mércores pero pola mañá, ás 12.00 horas, a xunta de persoal do Hospital da Costa concentrarase contra o peche de camas en verán, nunha época na que a poboación da bisbarra aumenta cos turistas que se achegan á zona. 

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

A Deputación participou en Foz nun foro sobre a problemática da vivenda

O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e a Deputada...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...