InicioMovementos Sociais(VÍDEO) "Vou vivir falando": escoita a banda sonora da manifestación polo galego...

(VÍDEO) “Vou vivir falando”: escoita a banda sonora da manifestación polo galego asturiano

O vindeiro 6 de abril celebrarase en Gijón unha mobilización para reclamar o pleno recoñecemento dos dereitos linguísticos dos falantes do idioma do Eo-Navia e máis do asturiano

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 6 de abril celebrarase en Gijón unha manifestación para pedir a oficialidade do galego asturiano e do asturiano. Trala histórica mobilización do pasado abril, con máis de 30.000 persoas clamando polos seus dereitos linguísticos en Oviedo, a Xunta pola Defensa da Llingua Asturiana (XDLA) volve convocar á sociedade asturiana.

Na conta atrás, os colectivos comprometidos con esta reivindicación animan a sumarse á concentración con actividades culturais, lúdicas, gastronómicas ou deportivas por toda Asturias.  Por riba diso, as redes sociais ferven con chamamentos á participación.

CAMPAÑAS NAS REDES SOCIAIS

A XDLA impulsou a creación da “banda sonora” da “manifestación pola oficialidá”, “Falando”, un tema que se espalla polas redes sociais cun videoclip animado.

Lluci Palomares do grupo folk Corquiéu e Xune Elipe da banda avilesina de rock Dixebra poñen voz a unha letra, en galego asturiano e asturiano, que anima á sociedade asturiana a defender e usar o seu patrimonio lingüístico.

Ao tempo, anímase a todas as persoas que canten ou toquen un instrumento a que graven un vídeo interpretando un fragmento da canción e o compartan co cancelo #falando.

O pasado mércores puxeron en marcha o reto viral #OficialidáChallengue co que animan aos usuarios das redes sociais a subir vídeos “mostrando o cariño pola lingua ou dicindo a súa palabra favorita en galego asturiano ou asturiano”.

Nos últimos catro anos, a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana traballou nun proxecto que pretendía unha reforma do Estatuto para incorporar a oficialidade das linguas. O colectivo tratou de involucrar aos partidos políticos para que o recoñecemento se debatese na Junta General.

PROPOSTA DE REFORMA DO ESTATUTO

Con ese obxectivo, o 19 de outubro Izquierda Unida e Podemos Asturies rexistraron na cámara autonómica unha Proposición de Lei de reforma del Estatuto de Autonomía, que non chegou a debaterse.

PP, Foro Asturias, Ciudadanos e PSOE  opuxéronse a súa toma en consideración. A Xunta lamentou especialmente o posicionamento dos deputados socialistas. No seu último congreso a Federación Socialista Asturiana aprobara unha moción na que se comprometían a apoiar a oficialidade.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...