InicioMovementos SociaisUns 150 veciños reclaman ao Sergas que cubra a pediatra de Xove

Uns 150 veciños reclaman ao Sergas que cubra a pediatra de Xove

A Xunta dispuxo tres horas á semana de servizo e a plataforma sanitaria alertou de agardas "dun mes" para nenos con febre

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña recolleu este mércores no centro de saúde de Xove 150 reclamacións de veciños que piden que se substitúa á pediatra, de vacacións desde o pasado 20 de febreiro ata o vindeiro 20 de marzo.

Os asinantes demandan a substitución a tempo completo da especialista sempre que se produza a súa ausencia, sexa por baixa ou por días libres.

Segundo expuxo a plataforma, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) só habilitou o servizo “tres horas á semana os martes“, cando no mes de marzo hai dous festivos que se celebrarán este día.

Esta situación, denunciou o colectivo, provoca agardas “dun mes” para nenos con febre tanto de Xove como de Cervo e obriga aos pais a desprazarse a Burela para que os seus fillos reciban atención pediátrica especializada no caso dunha urxencia.

Por momentos houbo colas para asinar a petición. AXM

O BNG CRITICA AO CONCELLO

O BNG xovense apoiou a reivindicación do colectivo sanitario para afirmar que “desde o PP de Xove estase a facer todo o posible para agochar a desastrosa xestión da Xunta de Galicia de Núñez Feijóo, neste e noutros asuntos de enorme impacto sobre o benestar da nosa sociedade”.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...