InicioMovementos SociaisAs pensións, a debate en Viveiro e Barreiros

As pensións, a debate en Viveiro e Barreiros

O economista Luis Burgos ofrecerá dúas conferencias organizadas pola CIG

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro e Barreiros acollerán o vindeiro venres dúas conferencias impulsadas pola Confederación Intersindical Galega (CIG) para informar sobre a situación do sistema público de pensións, a súa viabilidade e as consecuencias das reformas aprobadas en 2011 e 2013. O relator será Luis Burgos, economista, membro do gabinete técnico do sindicato e representante da central no Consello Económico e Social (CES) do Estado.

A primeira das charlas será no salón de actos do edificio sindical en Viveiro, desde as 17.00 horas, mentres que a conferencia de Barreiros comezará ás oito da tarde, no centro social de San Cosme.

“CONQUISTA DOS TRABALLADORES”

O sindicato nacionalista resalta que “as pensións públicas son unha conquista da clase traballadora” e que “é a administración quen debe garantir uns servizos dignos. Facelo non é un problema económico, senón de vontade política”. A CIG ten convocada unha folga xeral para o vindeiro 19 de xuño.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...