InicioMovementos SociaisOs pensionistas seguen en loita tralo rexeitamento dos orzamentos e a convocatoria...

Os pensionistas seguen en loita tralo rexeitamento dos orzamentos e a convocatoria de eleccións

Os xubilados lamentan que "non se poideron ver consolidadas" melloras na prestación "conseguidas só co noso esforzo"

Publicada o

- Advertisement -

Os xubilados da Mariña Lucense seguen a manifestarse polas pensións. Tralo rexeitamento da oposición aos Presupostos Xerais do Estado e a convocatoria de eleccións a nivel estatal para o 28 de abril, os colectivos mariñaos seguen a súa folla de ruta.

Os pensionistas lembran que, dada a inestabilidade política, “non se poideron ver consolidados os mínimos avances que foron froito exclusivamente da nosa loita“.

Así, reuníronse unha semana máis, baixo a premisa de que “non podemos depender da sensibilidade social de cada Goberno, senón de nós mesmos”. Insisten na derrogación das reformas laborais, na aprobación dunha nova lexislación laboral, na equiparación das pensións mínimas co salario mínimo interprofesional, e no recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos.

Protesta en Barreiros. AXM

EN MONDOÑEDO E BARREIROS

Os colectivos de Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá e Ribadeo xuntáronse o pasado venres diante do consistorio barreirense, mentres que o xoves celebrouse a habitual xuntanza mindoniense.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...