InicioMovementos SociaisDenuncian altas temperaturas no Hospital de Burela que "incumpren a normativa legal"

Denuncian altas temperaturas no Hospital de Burela que “incumpren a normativa legal”

“Os e as profesionais levan tempo demandando unha solución para unha situación que se repite todos os veráns”, lembran

Publicada o

- Advertisement -

A CIG-Saúde da Mariña denuncia nunha nota de prensa que a unidade de hospitalización de Medicina Interna “está a rexistrar unha temperatura media de entre 29 e 31 graos centígrados”. Segundo o sindicato isto “incumpre a normativa legal vixente sobre as máximas autorizadas non só nun centro asistencial senón en calquera lugar de traballo”.

Segundo sinalan, esta excesiva calor está a afectar a traballadores, pacientes e usuarios, e lembra que existe un risco potencial de desmaio por estas altas temperaturas.

Ademais, puntualizan que, segundo a normativa legal vixente, a temperatura en centros onde se realicen traballos sedentarios propios de oficinas e tarefas similares deberá estar comprendida entre 17 e 27º C, e naqueles onde se fagan traballos lixeiros ou máis intensos entre os 14 e 25º C.

Os e as profesionais levan tempo demandando unha solución para unha situación que se repite todos os veráns”, lembran, ·ao tempo que sosteñen que “a Xerencia de Lugo-Cervo-Monforte é coñecedora polas canles oficiais do que está a acontecer, onte xoves novamente por parte da CIG Saúde nunha xuntanza coa Dirección e mediante escrito presentado pola central nacionalista con número de rexistro 1.254”.

Diante na Inspección

Detallan que segundo o Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo -dependente do Ministerio de Emprego-, “unha temperatura inadecuada, e máis se é superior aos 27º C, pode producir catarros, molestias e incomodidade aos traballadores, afectando o seu benestar, á execución das súas tarefas e ao seu propio rendemento laboral”.

Diante disto, esixen da Xerencia de Lugo-Cervo-Monforte que cumpra a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e adopte as medidas correctoras oportunas para solucionar esta situación, “xa que no caso contrario verémonos na obriga de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...