A concentración polo Día Mundial da Atención Primaria foi convocada por SOS Sanidade Pública e pola Plataforma Sanitaria da Mariña elexiu Viveiro por ser o centro sanitario que máis problemas asistenciais acumula de xeito crónico da comarca. Este centro leva desde 2020 cunha soa pediatra das dúas coas que está dotada e leva anos cun número de médicos de familia que escasamente chega ao 50 por cen da súa dotación, e con días nos que solo dous ou tres facultativos atenden a totalidade do centro .
Explica a coordinadora da plataforma, Montse Porteiro, que quen derrogou o plan de mellora de Atención Primaria segundo puxo un pé no goberno da Xunta, quen desviou millóns e millóns de euros cara á privada, quen precarizou ao persoal, quen desestabilizou e destruiu a sanidade pública son os responsables directos do estado no que se atopa nestes momentos a Atención Primaria eson os culpábeis do sufrimento, do agravamento de enfermidades e de moitos desenlaces fatales.
Desde SOS e desde a Plataforma Sanitaria da Mariña esixen:
– Destinar o 25 por cen dos orzamentos sanitarios á Atención Primaria.
– Cobertura ao crn por crn do persoal sanitario e administrativo.
– Incorporación de novas categorías á Atención Primaria e aumento das categorías deficitarias.
– Reorientar a primaria cara á saúde desenvolvendo estratexias de saúde comunitaria
– Combatir o abuso perxudicial da medicalización como opción ao déficit ou o atraso na atención.
– Especial atención á saude mental e ás persoas maiores.
– Formación de calidade a todoo persoal que redunde nunha mellor atención
