InicioEconomíaO comité de empresa de Alcoa recrimina a "falta de comunicación" polos...

O comité de empresa de Alcoa recrimina a “falta de comunicación” polos novos cambios na empresa

Os traballadores din estar "a esperar" por unha reunión cos novos xefes para que "expliquen que proxecto de futuro teñen, que visión teñen"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa da planta de Cervo ve “bastante feo” a “falta de comunicación” por parte dos novos responsables de Alcoa Inespal, aínda que son uns cambios “xa esperados” tendo en conta que “facía xa case un ano que se xubilou o antecesor”.

Así se pronuncia, en declaracións aos medios de comunicación, o presidente do comité da Mariña, José Antonio Zan, quen afirmou estar “a esperar” por unha reunión cos novos xefes para que “expliquen que proxecto de futuro teñen, que visión teñen”.

A ausencia de comunicación, “horrible” para Zan, mostra ao seu xuízo a “falta de interese por parte da dirección en levar ben cos traballadores”, e a súa vontade de “seguir penalizándoos por loitar por unha fábrica na que crían” e que o persoal demostrou ” que podía ser viable”.

“Asinamos un acordo para ter todas as cubas funcionando. O día 7 estarán todas. Sempre cremos en que se podía facer e tamén cremos que deberiamos ter xa o forno de cocción funcionando”, advertiu o representante dos traballadores.

Así mesmo, opinou que o Goberno e a Xunta deberían estar “a apoiar e non pondo paus nas rodas”, algo que exempificou “co tema dos parques” eólicos: “O único que fixo o Goberno é pór paus nas rodas e non buscar unha solución a unha enerxía barata e estable”, concluíu.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...