InicioMovementos SociaisA Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

Baixo o lema “ Máis Sanidade Pública” SOS Sanidade Pública, fai un chamamento a todo o país para defender o dereito á saúde e frear a destrución e privatización da sanidade pública galega

Publicada o

- Advertisement -

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da Mariña para a presentación diante dos medios de comunicación da manifestación en defensa da sanidade que o domingo 1 de febreiro partirá ás 12 horas da Alameda de Compostela para rematar na Praza do Obradoiro.

Baixo o lema “ Máis Sanidade Pública” SOS Sanidade Pública, plataforma da que este colectivo forma parte e que aglutina a todas as plataformas sanitarias galegas , fai un chamamento a todo o país para defender o dereito á saúde e frear a destrución e privatización da sanidade pública galega , que están a avanzar a gran velocidade.

Carlos Fernández Fraga , médico xubilado de Atención Primaria e integrante da plataforma sanitaria lembra que levamos máis de dezaseis anos vendo como o sistema sanitario público foi esmorecendo paso a paso , sen que a poboación se decatase ata que xa a desfeita era máis que evidente para toda a poboación. “Estamos a ver como os cartos públicos para sanidade estanse a desviar a centros privados mentres se desmantelan servizos públicos se ningun miramento e milleiros de pacientes son atendidos na sanidade privada, a moitos quilómetros do lugar onde viven. A Atención Primaria, a base do sistema sanitario non está a resolver os problemas de saúde da poboación porque os centros sanitarios están sen persoal sanitario suficiente , producíndose o colapso dos servizos de urxencias, síntoma inequívoco da situación de crise da sanidade pública; a entrega o pasado 15 de xaneiro de case seis mil sinaturas ao conselleiro de sanidade en demanda de médicos de familia e pediatras da conta do desastre sanitario na Mariña”

Autobuses para o desplazamento a Santiago

Desde o colectivo tamén anunciaron que haberá autobuses para acudir á manifestación . Segundo adianta Montse Porteiro, coordinadora do colectivo, a Plataforma Sanitaria da Mariña fletará autobuses desde Viveiro e Ribadeo , en principio. Para reservar praza habilitamos os teléfonos 982140654, 982581861. O prazo para reservar praza remata o xoves 29 de xaneiro ás 14horas, podendo reservar mediante chamada ou por mensaxe de whatsapp, tendo en conta que as mensaxes teñen que recibir resposta por parte da organización para que a praza quede reservada. Debe indicarse o nome, contacto e número de persoas que reservan.

Desde a plataforma sanitaria animamos a todas e todos os mariñaos a que acudan a Compostela unha vez máis a demostrar que non consentimos que se destrúa a sanidade pública e que o pobo mariñao loita incansablemente cando se atacan os seus dereitos.Temos que petar a Praza do Obradoiro de novo- conclúe.

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...