Centos de persoas –segundo os convocantes– volveron a saír ás rúas de Viveiro para defender a sanidade pública e a cobertura de persoal de medicina de familia e pediatría no seu Centro de Saúde “ao cento por cento e de maneira estable”. Ademais, unha representación da Plataforma Sanitaria da Mariña entregou e rexistrado preto de 6.000 firmas dirixidas ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
Convocadas pola Plataforma Sanitaria da Mariña, viveirenses e persoas que se achegaron desde diferentes puntos da comarca iniciaron unha marcha ás 11.00 horas desde o Centro de Saúde da vila e dirixíronse até a Delegación Territorial do Mar en Celeiro. Tras a entrega de firmas, concentráronse ante o edificio da Delegación da Xunta e dar así continuidade ás concentracións convocadas desde hai oito meses en diversas localizacións da vila de Viveiro, tal e como lembrou este colectivo nun comunicado.
A coordinadora do colectivo sanitario, Montse Porteiro, que estivo arroupada polo deputado do BNG Daniel Castro, lembrou que hai convocada unha manifestación en Santiago para o vindeiro domingo 1 de febreiro por SOS Sanidade Pública e que este colectivo apoiará.
Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio
Publicada o
- Advertisement -
