InicioMovementos SociaisA Plataforma Sanitaria entregará en xaneiro as sinaturas recollidas a prol da...

A Plataforma Sanitaria entregará en xaneiro as sinaturas recollidas a prol da sanidade pública

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña xunto con numerosos veciños saíron ás rúas de Viveiro, como xa se leva facendo cada 15 días desde o mes de maio de 2025, para defender a cobertura total do persoal facultativo, de enfermería, técnico e administrativo no centro de saúde da vila. Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña sinalan que o cadro de persoal segue moi mermado, con moitas persoas ausentes sen substituir recaendo os seus cupos sobre os e as escasas profesionais, que teñen que atender pacientes moi por encima dos estándadres de calidade.

Tamén explican que hai moitas persoas que non teñen asignado médico de familia, de xeito que non saben nunca quen as vai atender e sen posibilidade de establecer unha relación terapéutica normal que lles faga un seguimento estable.

Cinco mil sinaturas recollidas ata agora
Nestes momentos hai unhas cinco mil sinaturas recollidas e continuarase nestes próximos días, para tratar de recoller as máximas posibles. Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma Sanitaria quixo agradecer o traballo a todas as persoas que durante meses traballaron día a día na recollida.

Tamén quere amosar o agradecemento do colectivo aos comercios, bares e locais que permitiron ter nos seus negocios os pregos de sinaturas, facilitando á xente a posibilidade de asinar; extenderon as grazas tamén a cada unha das persoas que demandan coa súa sinatura unha sanidade pública de calidade, digna e equitativa.

O rexistro e entrega de sinaturas farase o día 15 de xaneiro
A Plataforma Sanitaria da Mariña anunciou tamén que a de hoxe é a última concentración que se fará en Viveiro neste ano e que no mes de xaneiro de 2026 haberá unha única concentración.


Segundo avanza Samuel Fernández Bouza esta concentración ” terá lugar o día 15 de xaneiro e neste día farase o rexistro e entrega das sinaturas. Haberá un cambio no lugar da concentración e tamén no formato, dos que iremos avanzando máis detalles.”

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...