InicioCentralBurelaMario Pillado: "O traspaso da UAD ao SERGAS era lóxico, estabamos atendendo...

Mario Pillado: “O traspaso da UAD ao SERGAS era lóxico, estabamos atendendo a toda A Mariña”

A Unidade de Adiccións e Dependencias (UAD) de Burela pasa a formar parte do SERGAS, unha reivindicación de hai anos pois entendíase que o servizo que ofrecía era competencia autonómica e non local. O concelleiro e tenente de alcaldesa, Mario Pillado describe parte deste proceso de traspaso.

Publicada o

- Advertisement -

Cal é o principal motivo que empurrou ao Concello de Burela pedir o traspaso ao SERGAS da Unidade de Adiccións e Dependencias?

Ben, é certo que desde Burela sempre defendemos, polo menos o BNG, e cónstame que tamén o Grupo Socialista coa alcaldesa no seu día cando era concelleira, sempre pedimos a integración da UAD no SERGAS. Non é só unha cuestión de Burela senón que tamén se integran concellos que teñen este tipo de unidades. O motivo fundamental que cremos que debe ser un servizo, de todos os xeitos, sanitario e que debe ser atendido polo SERGAS. Isto, porque a competencia propia e unha responsabilidade da Xunta de Galicia que xa oferta servizos sanitarios. Daquela, este é un motivo polo que nós cremos que debe ser o SERGAS que asuma esta UAD, pois entendemos que os Concellos non teñen que asumir ese servizo nin contratar persoal sanitario. Non é lóxico que o fagan os concellos senón que debe ser o SERGAS e a súa Unidade de Saúde Mental.

Como se desenvolvía este servizo, como se realizaba a contratación de profesionais desde o Concello?

Pois era un trámite dificultoso, de feito, como xa salientamos, en todas as administracións, e nas locais tamén, estase levando a cabo o proceso de estabilización. En Burela tivemos tamén que levar a cabo o proceso de estabilización na UAD, e non é sinxelo por ser personal sanitario e iso complica bastante levar adiante este tipo de procesos. No tocante á contratación tamén, tivemos que pedir unha excedencia para unha auxiliar de Enfermería que nos deu traballo conseguila. Tiñamos cuberta a baixa de médico pero por diferentes motivos quedou vacante e, por diferentes motivos, non fomos quen de cubrir esa praza porque o SERGAS non nos ofreceu solucións factibles. Entón, como che digo, estes postos de traballo cubríanse con moita dificultade. Cada vez que tiñamos unha vacante xa nos era complicado cubrila. É por iso que cremos que unha das vantaxes do traspaso ao SERGAS é que é máis sinxelo cubrir as vacantes de persoal sanitario.

Supoñía un alto cargo para o orzamento do Concello manter a UAD?

Unha parte moi importante do gasto municipal está no persoal, sobretodo no capítulo 1. É certo que como é un servicio que estamos desempeñando directamente, o persoal era municipal. A pesar de que tiñamos finanzamento mediante subvencións por parte da Xunta de Galicia, non é menos certo que iso afogaba un pouco as arcas municipais, porque era o persoal que tiñamos, apesar do financiamento en cada subvención, eran gastos que tiñamos que ter consignados nos orzamentos. Tamén se está levando adiante unha RPT, xa a aprobara a mesma inspección, agora está pendente da aprobación dos orzamentos e da aprobación en pleno da própria RPT. Isto supón que a UAD, como non está xa entre os postos de traballo municipais, tampouco deberá ser cuberta coas contas locais.

Esta UAD atendía a toda A Mariña?

Si, era unha unidade comarcal que atendía usuarios dos concellos de toda a comarca. Ao final estabamos dando un servizo desde un municipio para o resto da comarca. Ese era outro dos motivos polos que creiamos que tiña sentido integralo no SERGAS.

Cales foron as prinicipais eivas na negociación para que o SERGAS recollese a UAD?

Durante a pandemia a importancia da UAD púxose de manifesto cando se agrava a situación que sufrían os diferentes concellos que prestabamos este servizo. Ao comezo iniciamos unha nova loita, cando nós chegamos ao goberno municipal en xuño de 2023, o servicio de dependencia era una das áreas que manexabamos desde a área de xustiza social. O proceso de traspaso de inclusión no SERGAS estaba paralizado desde o 1 de xaneiro de 2023. Segundo o cronograma os concellos tiñan que ter enviado toda a información ao SERGAS, mais o cronograma establecido para a inclusión e non foi até este ano 2025 cando se acelerou o proceso. Unha das eivas foron as eleccións de 2024 que paralizaron os avances posibles até daquela. Tamén debemos ter en conta que dentro da FEGAMP a maior parte da representación corresponde aos grupos da oposición parlamentaria, o entendemento víase dificultado dalgunha maneira, mais eu creo que é un exemplo de coordenación interadministrativa, á parte de diferentes cores políticas que soubemos deixar ao lado esas diferenzas e chegamos a un acordo no que creo que todas as partes saímo beneficiadas.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...