Despois da masiva asistencia de veciñas e veciños á concentración convocada en Barreiros pola falta de médicos no Centro de Saúde, o deputado mariñao do BNG, Daniel Castro que asistíu tamén á concentración deste luns, vai presentar no Parlamento unha serie de iniciativas ao respecto.
Recorda Castro que a situación da Atención Primaria na Mariña nos últimos ano é un absoluto caos, cun evidente empobrecemento da calidade asistencial, o que provocou que na totalidade dos concellos mariñaos houbese ausencia de persoal sanitario, algo do que calquer veciño ou veciña da Mariña pode dar fé. “A dirección do Sergas e o conselleiro contaron mentira cando a principios de verán afirmaros que a asistencia sanitaria na Mariña estaba garantida, porque é obvio que non o estivo na época estival nin o está no outono” afirmou Daniel Castro.
A situación que se viña dando na Mariña chegou tamén ao Centro de Saúde de Barreiros, cunha situación inaceptable no mes de outubro, ao atoparse coa asusencia dos tres médic@s e sen cubrir ningunha desas prazas de médicos, deixando á poboación sen atención médica básica e provocando unha espera por consultas de até tres semanas. “Esta situación dase despois dun verán cunha máis que evidente saturación dos servizos, só salvados pola profesionalidade e implicación do persoal” aseguran desde o BNG.
Barreiros leva anos soportando a aplicación de recortes por parte do PP
O Centro de Saúde de Barreiros leva anos soportando a aplicación de recortes en servizos á poboación, coma nos de matrona, pediatrría, persoal para desprazados. Recortes que tamén se deron no resto da Mariña, e que responden a unha estratexia do PP no seu proceso de desmantelamento da Atención Primaria e da sanidade pública.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario do BNG insta á Xunta de Galicia a cubrir de xeito inmediato e permanente as tres prazas de médicxs no centro de saúde barreirense e a garantir a atención sanitaria no mesmo. Así mesmo esixirá que se dean as correspondentes explicacións polo acontecido que derivaron na total ausencia de médicxs.
