InicioMovementos SociaisConvocada unha nova concentración diante do Centro de Saúde de Viveiro

Convocada unha nova concentración diante do Centro de Saúde de Viveiro

Na mesma vaise dar inicio a unha campaña de recollida de sinaturas para trasladar ao conselleiro de Sanidade a situación que se está a sufrir en Viveiro e na zona correspondente ao seu PAC.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca para mañá xoves 18 de setembro ás 11:30 unha nova concentración diante do Centro de Saúde de Viveiro. Na mesma vaise dar inicio a unha campaña de recollida de sinaturas para trasladar ao conselleiro de Sanidade a situación que se está a sufrir en Viveiro e na zona correspondente ao seu PAC.

A asistencia sanitario non estivo nin está garantida

Afirman desde a Plataforma que tal como puideron comprobar os veciños e veciñas, a asistencia sanitaria este verao non estivo garantida na Mariña, que era o que afirmaban desde o Sergas e desde a Conselleria de Sanidade a principios do mes de xullo, ante alcaldes do Partido Popular da zona.

O non cubrírense de xeito estable as ausencias do persoal falcultativo de familia e pediatría supón deixar unha poboación avellentada, con moita dispersión xeográfica e con dificultades para o desprazamento en moitos casos, sen medico de familia e supón tamén agardas para a atención médica, para renovación de baixas ou receitas de máis de quince ou vinte días , chegando a darse agardas de trinta e seis días.

Estas ausencias de persoal facultativo provocan tamén un déficit de atención á maioría das modalidades da asistencia sanitaria ( demanda,urxencias, domicilios), xa que habitualmente a substitución é con axenda pechada.

O PAC, que ademáis de Viveiro acolle a Ourol e O Vicedo, resíntese

A sobrecarga do resto de profesionais que asumen a sobrecarga e colapso dos servizos de urxencias e PAC, que tamén son utilizados polos concellos de Ourol e O Vicedo ( de xeito habitual e tamén cando os derivan por falta de médicas nos seus centros de saúde) é outra das consecuencias da non cobertura das ausencias de médicos, que provocan así mesmo moitas dificultades para establecer unha comunicación terapeútica óptima, nun clima de confianza e atención incompleta ao seguimento e control de procesos crónicos así como unha merma no control dos factores que inciden no desenvolvemento das enfermidades( físicos, psicolóxicos, emocionais, sociais ), impedindo que se acade unha asistencia sanitaria de calidade, de proximidade e equitativa.

É evidente pois, afirman Montse Porteiro e Samuel Bouza, que a atención sanitaria non está garantida, nin estivo garantida durante o verao, pois as especialidades de familia e pediatría siguen nunha precaria situación, e por eso convidamos a toda a veciñanza de Viveiro e comarca a asistir á concentración e participar na recollida de sinaturas, que se empeza mañá diante do Centro de Saúde pero que se desenvolverá durante varias semanas e na que participarán tamén diversos colectivos sociais.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...