InicioMovementos SociaisA Asociación Camiña levará adiante actividades abertas á veciñanza da Mariña

A Asociación Camiña levará adiante actividades abertas á veciñanza da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Camiña aposta pola sensibilización social e a promoción do ocio inclusivo con dúas novas propostas abertas á veciñanza da Mariña Lucense.

O venres 19 de setembro, de 17:00 a 18:00h, terá lugar unha xornada de limpeza na Praia de Ril (Burela). A actividade, aberta a persoas de todas as idades, busca concienciar sobre a importancia do coidado do medio mariño e fomentar cidadá no respecto ao entorno natural. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 17 de setembro.

O sábado 20 de setembro, de 11:00 a 12:30h, a Asociación Camiña acollerá un obradoiro un obradoiro de artesanía mariña dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 12 anos. A actividade ten como obxectivo fomentar a creatividade infantil a través da temática mariña e conta con prazas limitadas, sendo prioritaria a participación de infancia con diversidade.

Con estas iniciativas, a Asociación Camiña reforza o seu compromiso coa inclusión social, o coñecemento do medio e o contacto directo co sector marítimo-pesqueiro, creando espazos de encontro e aprendizaxe compartida.

Estas accións realízanse á axuda para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de Acción Local do Sector pesqueiro (GALP), no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura 2021-2027.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...