InicioMovementos SociaisCincocentas persoas protestan en Viveiro pola "desfeita" sanitaria no concello

Cincocentas persoas protestan en Viveiro pola “desfeita” sanitaria no concello

Este xoves no centro de Saúde de Viveiro estaban traballando soamente cinco dos once médicos que formar o persoal de medicina de familia

Publicada o

- Advertisement -

Unhas cincocentas persoas acudiron este xoves á concentración diante do Centro de Saúde de Viveiro para mostrar o seu rexeitamento diante da desfeita sanitaria que está a sufrir a localidade e a comarca en xeral.


Concretamente, este xoves no centro de Saúde de Viveiro estaban traballando soamente cinco dos once médicos que formar o persoal de medicina de familia. O persoal de enfermaría en vacacións tampouco está a ser substituído, e mentres que a Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia que o servizo de pediatría traballa ao cincuenta por cen desde hai anos.

Sinalan que o centro de saúde está a absorber os déficits sanitarios dos centros de saúde de Ourol e o Vicedo, con médicos de familia algúns días. “Polo tanto a atención sanitaria non está garantida e o persoal está a ser sometido a sobrecargas e presións asistenciais que poñen en risco a súa saúde”.


Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña “esiximos á consellería que se poña a traballar nun plan de reforma da Atención Primaria e se deixe de parchear, porque o único que fixo o PP durante dezaseis anos de goberno foi destrozar a sanidade pública” sinalan. Lembran que a primeira acción do goberno da Xunta foi a suspensión do ambicioso plan de mellora de Atención Primaria que estaba en marcha cando accederon ao goberno.


Desde o colectivo sanitario sinalan que o resto da comarca tamén está en situación moi crítica co sistema a piques de derrubarse, “pois non está garantida a asistencia sanitaria no nivel máis básico de saúde, o nivel que sostén o sistema público de sanidade”.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...