InicioMovementos SociaisComezou en APAGA a xuntanza do Proxecto Europeo THEIDE

Comezou en APAGA a xuntanza do Proxecto Europeo THEIDE

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “teremos xornadas pola mañá técnicas e pola tarde haberá unha serie de actividades de tipo cultural"

Publicada o

- Advertisement -

Ata o venres celébrase en Ribadeo unha xuntanza do proxecto europeo Theide, que coordina Apaga. Ao encontro asisten 15 profesores procedentes de países como Turquía, Croacia, Italia e Portugal.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “teremos xornadas pola mañá técnicas e pola tarde haberá unha serie de actividades de tipo cultural, como a subida en barca até a Ría de Abres, unha visita a Taramundi, ao Museo do Mar de San Ciprián, a Sargadelos ou á praia das Catedrais, en Ribadeo”.

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, asistiron ao acto inaugural desta xuntanza de traballo. Déronlles á benvida, animáronos a visitar Ribadeo, a coñecer as súas tradicións, a súa cultura e a súa gastronomía e desexáronlles unha feliz estadía en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...