InicioMovementos SociaisCIG Saúde denuncia a mala planificación da área sanitaria

CIG Saúde denuncia a mala planificación da área sanitaria

O sincidato tamén denuncia que a Xerencia "fai caso omiso aos informes de saúde laboral"

Publicada o

- Advertisement -

A CIG SAÚDE A Mariña denuncia que “unha traballadora do Centro de Saúde de San Cibrao leva preto de dous anos agardando por un unha padiola regulable en altura, logo dun informe de Saúde Laboral, e que a día de hoxe non lle foi facilitada poñendo en risco a súa saúde”, sinalan.

CIG Saúde A Mariña *levou o asunto ao Comité de Seguridade e Saúde Laboral en diversas ocasións sen unha resposta positiva por parte da Xerencia da Área Sanitaria”.

MALA PLANIFICACIÓN DA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA.

“Nos últimos meses foron entregadas en diversos Centros de Saúde padiolas regulables, pero a Xerencia da Área Sanitaria non priorizou a súa instalación nas traballadoras con informes de saúde laboral, poñendo en risco a súa saúde”, explican.

A IMPORTANCIA DAS PADIOLAS REGULABLES NA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

A central sindical resalta que unha parte importante dos accidentes laborais con baixa que sofren os profesionais están relacionados con sobreesforzos, principalmente lesiones dorso-lumbares e trastornos músculo-esqueléticos. “Estes tipos de doenzas son compatibles co uso de equipos de traballo pouco ergonómicos, como o son as padiolas non regulables en altura que se utilizan habitualmente, mentres que as que poden nivelarse son esenciais para mellorar as posturas de acceso á hora da exploración, a mobilización, a atención a pacientes que, na maioría de ocasións, require axuda dos profesionais”, subliñan.

SOLUCIÓN OU DENUNCIA EN INSPECCIÓN DE TRABALLO.

“A Xerencia da Área Sanitaria incumpre a Lei de Riscos Laborais e fai caso omiso aos informes de Saúde Laboral, poñendo en risco a saúde da traballadora do Centro de Saúde de San Cibrao”, engaden, “polo que de non existir unha actuación inmediata que corrixa as situación verémonos na obriga de presentar denuncia na Inspección de Traballo”, conclúen.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...