InicioMovementos SociaisO colectivo BDS Galiza pide ao Resurrection cumprir catro puntos éticos contra...

O colectivo BDS Galiza pide ao Resurrection cumprir catro puntos éticos contra o fondo KKR

BDS Galiza di verse na obriga de iniciar "unha campaña de mobilización pública"

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo BDS Galiza convoca unha rolda de prensa o mércores 25 de xuño ás 12:00 h na entrada do Resurrection Fest, en Viveiro, coincidindo co incicio deste festival, para informar publicamente do inicio dunha campaña de protestas diante da negativa da promotora Bring the Noise a responder ás demandas éticas do movemento BDS.

Durante as últimas semanas, BDS Galiza dirixiuse por varias vías á organización do Resurrection Fest para propoñer unha reunión e presentar 4 mínimos éticos esixidos aos festivais propiedade do fondo de investimento KKR. “Bring the Noise, propiedade de Superstruct (e, en última instancia, de KKR), non respondeu en ningún momento aos correos e mensaxes enviados” declaran.

BDS Galiza di verse na obriga de iniciar “unha campaña de mobilización pública”. Anuncian a convocatoria dunha concentración pacífica diaria ás 20:00 h durante todos os días do festival, na entrada do recinto do Resurrection Fest “para esixir que o festival cumpra cos 4 mínimos éticos palestinos e poña fin dese xeito á complicidade involuntaria cos investimentos de KKR en crimes de guerra israelís e violacións do dereito internacional”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...