InicioM.ambiente e PatrimonioPresentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

Presentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

Presentación en San Cibrao (Cervo) do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia este sábado 21 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro sábado 21 de xuño o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, será a encargada de realizar a presentación ademais do “convite á participación do tecido asociativo cultural da Mariña no Encontro para achegalo a outros colectivos que no pasado se interesaron polas embarcacións tradicionais e agora son axentes da salvagarda das mesmas“. O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrarase en Ribeira o vinceiro mes de xullo.


Desde Culturmar “queremos convidar a través deste acto á participación dunha delegación do tecido asociativo cultural da Mariña no Encontro, navegando con nós e coñecendo as actividades de dinamización da colectividade que conformamos Culturmar”. O convite á participación de entidades mariñás no encontro de Ribeira “busca ser un paso máis para a dinamización das embarcacións tradicionais na comarca”.

Culturmar ten fonda representación por toda a costa galega, onde suma unha boa cantidade de embarcacións salvagardadas polos colectivos que a conforman, a través do seu mantemento e a súa dinamización. “É unha realidade, que a preservación e uso de embarcacións tradicionais dende o Arco Ártabro ata a nosa costa Cantábrica é moito menor que nas costas galegas do sur”.


Participaran no acto: Pepe Sacau (presidente de Culturmar), Belén Vidal (Asociación Mar de Muros), Francisco Fra (Asteleiros Fra) e Dane García (Escola de Navegación Tradicional Dorna)

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...