IniciosociedadePlataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración para o 12 de xuño

Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración para o 12 de xuño

"A nosa razón de mobilizarnos sempre son as persoas, porque todas as persoas somos pacientes. Absolutamente todas", subliñaron, en referencia á lema da convocatoria

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria de Mariña convocou unha “gran” concentración para o día 12 de xuño ás 20.00 horas diante do hospital de Burela, baixo a lema ‘Pola Saúde dos Pacientes da Mariña’. Colle a testemuña das protestas diarias que, ata o venres pasado e durante 38 xornadas, organizaron os traballadores do mesmo centro ás súas portas.

Segundo avanzou a organización nun comunicado, terá lugar de forma simultánea a concentracións por todo o longo e ancho de Galicia convocadas por SOS Sanidade Pública, que se anunciarán este mércores.

Un dos eixos da concentración expansiva centrarase nas “vergoñosas” listas de espera, que pon “en risco” a saúde. O colectivo mariñense considérao como a “desculpa perfecta” para o “desvío” de gran parte do diñeiro que deberían ser investidos na recuperación e dotación orzamentaria adecuada da sanidade pública.

“Na Mariña levamos moitos anos sufrindo o abondono por parte do Goberno da Xunta en canto a déficits de profesionais brutais que impiden poder garantir unha asistencia sanitaria como nos merecemos, á vez que se multiplican as derivacións a centros privados ou ao HULA“, insiste o comunciado sobre as críticas que xa centraron as concentracións diarias durante case dous meses.

O movemento En Defensa dos Pacientes da Mariña e colectivos sanitarios locais como Médicos no Vicedo Xa e Asociación do Centro histórico de Viveiro son convocantes, xunto a esta plataforma, da concentración anunciada para Burela. “A nosa razón de mobilizarnos sempre son as persoas, porque todas as persoas somos pacientes. Absolutamente todas”, subliñaron, en referencia á lema da convocatoria.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...