A Dirección do Hospital esixe por escrito que a Xunta de Persoal demostre que son o órgano convocante das concentracións diarias, sinalan desde o órgano de representación das traballadoras e traballadores.
Pola súa parte, a Xunta de Persoal aclara “que este órgano é o convocante das concentracións que levan desenvolvendo durante semanas na entrada do Hospital da Mariña, previa comunicación e autorización por parte da Subdelegación do Goberno de Lugo no exercicio dos dereitos recoñecidos polo artigo 21 da Constitución Española e a Lei Orgánica reguladora do dereito de reunión, e suliñan que comunican á Subdelegación do Goberno a data e lugares de concentracións ‘En defensa dos pacientes da Mariña’ por razón de concorrer circunstancias ás que se refire o segundo parágrafo do artigo 8º da Lei Orgánica 9/1983, de 15 de xullo, Reguladora do Dereito de Reunión, a presente comunícase coa antelación extraordinaria prevista no referido parágrafo”.
“A represión non calará as protestas de doentes e profesionais na defensa dunha sanidade pública digna e de proximidade, dende A Mariña e para A Mariña” din os aludidos. Tamén manifestaron que “se queren ‘negar a evidencia’ e ‘invisibilizar’ a situación crítica da sanidade da Mariña, farémola aínda máis visíbel”.
APOIO DA PLATAFORMA SANITARIA DA MARIÑA
A Plataforma Sanitaria da Mariña comunica o seu apoio ao movemento “En Defensa dos Pacientes da Mariña”, constituído por profesionais da sanidade a ao que cada día se suman máis persoas doentes. Este cectivo reafírmase na defensa da sanidade pública desde hai quince anos, polo que apoia todas e cada unha das súas demandas, parabenizando a este movemento polo enorme traballo que están a desenvolver na defensa dunha sanidade con máis persoal, de proximidade, equitativa e digna.
AGRADECEMENTO Á SOCIEDADE MARIÑÁ E AO COLECTIVO DE ARTISTAS
Do mesmo xeito queremos agradecer ao colectivo de artistas da Mariña pola iniciativa que tiveron de crear unha faixa reivindicativa adicada ás persoas doentes da Mariña. Engadir tamén o agradecemento ás persoas que día tras día acuden ás concentracións desde diversos puntos da comarca para denunciar as vergoñentas listas de agarda que existen para ser vistxs polas diferentes especialidades. Para esta plataforma elas e eles son o centro da loita sanitaria.
REXEITAMENTO DA DERIVA REPRESORA DA DIRECCIÓN DO HOSPITAL
En relación á decisión da dirección do hospital da Mariña de retirar a pancarta creada polo colectivo de artistas da Mariña, adicada ás e aos pacientes e cedida de xeito altruísta ao movemento, queremos manifestar o noso profundo rexeitamento. Segundo comenta a coordinación da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, “esta deriva represora que h que críamos superado hai moito tempo”.
Segundo comenta a coordinadora da Plataforma Sanitaria “esta deriva represora que tomou a dirección do hospital lembra e trasládanos ao fascismo do período tardofranquista que críamos superada hai moito tempo”.
