A semana pasada fixéronse públicas listas de espera no Hospital da Costa por parte dos profesionais sanitarios do centro. A resposta dalgunhas persoas foi que “levaban máis tempo esperando por unha consulta, polo momento réplicas de pacientes, aínda que ningunha dos responsables destas demoras”.
Ante isto, os sanitarios responden que os datos feitos públicos son “medias” realizadas polo SERGAS. Recoñecen que haberá casos con maior ou menor tempo de espera, “mais facemos referencia as listas oficiais publicadas polo SERGAS e polo tanto só temos datos ‘oficiais’ para as primeiras valoracións en Consultas e nada se menciona das demoras nos seguementos”. Ante esta situación, os profesionais sanitarios piden aos pacientes que compartan as súas experiencias en canto listas de espera.
Un dos exemplos foi Cardioloxía e Medicina Interna, servicios troncais con vacantes sen cubrir nos últimos tempos,que afectan de maneira directa a centos de pacientes e indirecta aos demais servizos do centro. “Mostra disto son especialidades da área médica que por falta de facultativos en Medicina Interna asumen pacientes hospitalizados con patoloxías relacionadas a súa especialidade, vendo mermada a súa actividade programada”. É por isto que as demoras nas citas ambulatorias “son inasumibles e claramente inxustas para os pacientes do noso centro, e mesmo servizos con persoal teoricamente ao completo como Pneumoloxía o Neuroloxía se ven sobrepasados”.
Segundo datos do propio SERGAS a agarda media en Galicia por unha primeira consulta de Pneumoloxía é de 35 días, moi semellante a de centros da provincia como o HULA (39.2 días) ou Monforte (25.2 días), mais moi distante da do Hospital da Mariña (73.1 días).” Mostra de iso é que fan referencia a 79 pacientes en espera por unha consulta por 3 meses, dos cales 77 son da Mariña”.
Algo similar ocorre en Neuroloxía, onde a espera media en Galicia para unha primeira consulta é de 83.5 días, o dobre do mencionado para o HULA (38.9 días) ou Monforte (40 días), no Hospital da Costa é o dobre (150.9 días). O persoal sanitario insiste en adecuar o persoal aos tempos actuais, “xa que as necesidades non son as mesmas que hai 10 anos””.
Por outra parte, queren facer ver aos responsables destas demoras “que son moitas as oportunidades perdidas e as veces que chegamos tarde, que non só importa a cobertura das urxencias e pacientes hospitalizados, senón o manexo ambulatorio das patoloxías crónicas, para poñer os tratamentos a tempo, evitar descompensacións e mellorar o pronóstico vital dos pacientes”.