InicioMovementos SociaisPersoal do Hospital da Mariña reclama a “recuperación da área sanitaria roubada”

Persoal do Hospital da Mariña reclama a “recuperación da área sanitaria roubada”

Sinalan que as consecuencias das decisións da Dirección do Hospital da Mariña fan que os profesionais non poden cubrir as necesidades básicas

Publicada o

- Advertisement -

O persoal do Hospital da Mariña reclama a mellora en Atención Hospitalaria pedindo “a recuperación da área sanitaria roubada”, así como dotación de “placas dentais, electromiogramas, densitometrías óseas, electroencefalogramas, consulta de cirurxía vascular” e a recuperación da implantación de marcapasos. Tamén rematar coas “longas listas de agarda e coas derivacións innecesarias a Lugo para probas diagnósticas, ingresos ou cirurxías”.

Denuncian a “alarmante fuga de persoal facultativo no Hospital da Mariña a causa da inasumíbel carga de traballo á que se ve sometido”. Isto é provocado “polo progresivo desaxuste entre a demanda asistencial e a dotación de persoal, que chega a dobrar e mesmo a triplicar os estándares recomendados pola sociedades científicas”.

“As condicións son tan penosas e estresantes que logo dun curto tempo traballando séntense sobrepasados e buscan outros postos de traballo onde poidan desenvolverse coma profesionais, sentirse realizados, e escapar do sentimento de frustración que lles provoca traballar no Hospital da Mariña”, sinalan.

Sinalan que as consecuencias das decisións da Dirección do Hospital da Mariña fan que os profesionais non poden cubrir as necesidades básicas. “O nivel de tensión aumenta. E nestas circunstancias ponse a proba a capacidade de resistencia psicolóxica da persoa implicada”, alertan. Así, os expertos advirten do perigo de vivir sometidos a niveis elevados de tensións e “do perigo de que esta situación perdure no tempo”.

“É evidente a relación que existe entre a tensión intensa e duradeira no tempo con problemas diversos de saúde, tanto físicos como mentais, tales como dificultades para durmir, irritabilidade, ansiedade, depresión, dermatite, problemas dixestivos ou cardíacos”, explican desde a Xunta de Persoal.

A Xunta de Persoal conclúen que a situación remata na fuxida do hospital por non poder atender ben aos pacientes ou en baixas psicolóxicas derivadas da sobrecarga de traballo. Estas baixas tampouco son cubertas creando unha situación na que un menor número de profesionais teñen que asumir toda a carga de traballo entrando deste xeito nunha espiral sen saída.

Por último, destacan que a situación actual de “alerta vermella” no Hospital da Mariña supón “un novo ataque contra a sanidade da comarca convertendo aos mariñaos e mariñás en cidadás de segunda”. Doutra banda, preguntan “se estes son os máis e mellores servizos prometidos pola Consellería de Sanidade para o Hospital da Mariña e onde están os médicos que ían vir desde Lugo”, ao tempo que esixen a cobertura de tódalas prazas nas especialidades médicas para “garantir unha atención sanitaria de calidade e de proximidade”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...