InicioMovementos SociaisOs sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as...

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

Os e as profesionais do Hospital da Costa continuarán coas concentracións diante das instalacións sanitarias mentres non se atendan as demandas de máis persoal para atender os pacientes

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para reunir a todos e todas as profesionais do centro hospitalario. A idea era debatiren propostas que lles permitan presentar as súas demandas á dirección, xerencia e Consellería de Sanidade debido á falta de persoal necesario para a atención dos e das pacientes que asisten ao centro hospitalario de Burela.

Durante o encontro dos e das profesionais enumeraron as carencias en diferente áreas de atención como laboratorio, anatomía patolóxica,medicina interna, uroloxia, cardioloxía e outras especialidades.

Outro tema foi a necesidade de presentaren as súas peticións diante da dirección hospitalaria, da xerencia Lugo-A Mariña-Monforte e, por último, da Consellería de Sanidade. Arredor deste punto houbo un debate sobre como facer efectivo este punto.

A conclusión é que polo de agora seguirán as concentracións diante do Hospital, mais irase creando un cronograma de accións destinadas a chamar a atención das autoridades sanitarias. Ditos movementos realizaranse de menos a máis no caso de non atendérense as súas demandas de diálogo.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...