InicioPolíticaLara Méndez denuncia que os profesionais do hospital da Costa "nunca estiveron...

Lara Méndez denuncia que os profesionais do hospital da Costa “nunca estiveron peor”

A deputada socialista lembroulle ao conselleiro de Sanidade a recente manifestación multitudinaria en Viveiro en defensa da sanidade pública mentres os seus compañeiros do PP "estaban a facer un Mazón", "de papatoria", "no canto de estar cos veciños"

Publicada o

- Advertisement -

A deputada socialita Lara Méndez denuncia que os profesionais do hospital da Mariña alertan de que o centro “nunca estivera en peor situación” nos seus 36 anos de historia.

No pleno do Parlamento, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, esgrimiu en resposta un incremento do 4,3% da actividade cirúrxica en 2024, con preto de 5.400 operacións realizadas no hospital da Mariña, á vez que defende que se rexistrou unha espera media de 45,9 días para acceder a unha cirurxía, 21 días por baixo da media galega e 82 días menos que o estatal.

Méndez lembroulle a recente manifestación multitudinaria en Viveiro en defensa da sanidade pública mentres os seus compañeiros do PP “estaban a facer un Mazón”, “de papatoria”, “no canto de estar cos veciños”. Tamén censurou os datos “maquillados” que ofrece a Xunta, cando hai esperas de “ata dous anos” para ter citas, unhas “cifras insoportables”.

En cambio, o conselleiro criticou a “os axitadores de sempre” que “só buscan alarmar”. Apunta que se ofertan máis dunha vintena de prazas de especialistas para o hospital da Mariña, que son “procesos longos”.

Caamaño agrega que as obras das fases 0 e 1 do plan Director xa están executadas por importe de 20 millóns, ademais de que se comprará novo equipamento e continuarase coa ampliación de servizos.

PLANS LOCAIS DE SAÚDE

Por outra banda, en resposta ao PPdeG, Caamaño informou de que os plans locais de saúde impulsaron un incremento de case o 14% da atención domiciliaria a pacientes inmobilizados, con 189.000 visitas en 2024.

Na actualidade, 95 servizos de atención primaria contan cun plan local de saúde, o que supón o 65% do total. Sanidade prevé chegar ao 100% en 2026

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...