InicioMovementos SociaisSanidade Pública da Mariña reclama a restauración da antiga área sanitaria

Sanidade Pública da Mariña reclama a restauración da antiga área sanitaria

A Plataforma reclama unha consulta de cirurxía vascular para atender a demanda nesta especialidade que é moi elevada e desconxestionaría o hospital de Lugo, "evitando desprazamentos para cousas tan simples como unha ecografía das arterias, o seguimento de pacientes diabéticos con afectación vascular, a prevención, revisións"

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e varios colectivos sociais e políticos da comarca, manifestáronse este domingo para reclamar melloras para a sanidade pública na Mariña. A Plataforma reclamou este domingo a devolución da antiga área sanitaria da Mariña, un paso que significou a aceleración no desmantelamento dos servizos que xa había. Denuncian que non se creou nin un só servizo novo, “mais deixaron frases que retratarán para sempre aos políticos mariñaos do PP ( “ haberá máis e mellores servizos” ou “ a poboación non notara ningún cambio”)”.

Durante a manifestación demandáronse servizos sanitarios e persoal de todas as categorías para que a atención sexa de calidade. Froito destas mobilizacións acometeuse a necesaria ampliación do hospital, mais “só supuxo metros cadrados, pois non van acompañados nin de máis nin de mellores servizos sanitarios, nin de máis persoal”.

NA ATENCIÓN HOSPITALARIA

A Plataforma reclama unha consulta de cirurxía vascular para atender a demanda nesta especialidade que é moi elevada e desconxestionaría o hospital de Lugo, “evitando desprazamentos para cousas tan simples como unha ecografía das arterias, o seguimento de pacientes diabéticos con afectación vascular, a prevención, revisións”.

Radiografías panorámicas dentais, densitometrías óseas, electroencefalogramas, electromiografías. Probas que se poden facer aquí sen necesidade de desplazamientos a Lugo .

O hospital da Mariña “atópase en situación de alerta vermella en servizos como cardioloxía, dixestivo,uroloxía,dermatoloxía, medicina interna pola falta brutal falta de persoal, o que provoca unas listas de espera escandalosamente elevadas e derivacións masivas ao HULA por cousas que deberán resolverse no noso hospital”.

Déficit de persoal en todas as categorías profesionais, o que provoca unha sobrecarga de traballo que provoca estrés laboral nas e nos traballadores, saltando todas as alarmas de riscos laborais.

Listas de agarda en servizos onde antes case non había caso de nefroloxía , da orde de 9 meses para unha primeira cita, e profesionais facultativos facendo quince gardas ao mes.

Xa non temos logopedia, servizo fundamental para o desenvolvemento integral das crianzas, mozas e mozos e persoas adultas.

NA ATENCIÓN PRIMARIA

Sobre este apartado, a Plataforma creación de prazas en todas as categorías profesionais. Reducción de cupos en Medicina de Familia ata un máximo de 1250 tarxetas sanitarias e 800 en pediatría.

Cobertura de todo o persoal nos seus permisos,baixas ou vacacións todos os días e durante todo o turno. Dotación de pediatras en todos os centros de saúde.

Incrementar a dotación de matronas, nutricionistas , fisioterapeutas, traballadoras sociais, odontólogas, hixienistas dentais, persoal auxiliar de enfermería, persoal administrativo, farmaceúticas, técnicos de radioloxía

Creación de novas categorías nos centros de saúde como psicólogos clínicos, podoloxía, terapia ocupacional. Cobertura de todas as ausencias nos PACs dotando a todos de dúas equipas completas todos os días.

Recuperación do segundo TES da ambulancia medicalizada, dotar de polo menos outra ambulancia medicalizada co equipo completo de doble TES para que en ningún momento quede a comarca sen o servizo cando fan un traslado interhospitalario.

Esta comarca abandonada polo goberno da Xunta e que está a sufrir unha crise de primeiro orde tanto industrial como de infraestruturas ou sanitaria está hoxe aquí pelexando polo dereito a unha sanidade de calidade, próxima ás persoas, equitativa, universal e gratuita. Gratuíta si, porque cando levas anos agardando por unha consulta ou cando a túa crianza está enferma , non tes pediatra máis precisan que o vexan e vas a un pediatra privado se tes recursos o que está a facer o Partido Popular é privatizar a sanidade, alonxar os servizos das persoas e crear desigualdade.E esta comarca non o vai permitir. Sairemos á rúa cantas veces fagan falta para reclamar o que é un dereito.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...